CRTVG

Buscar

Vilanova de Arousa, entre os destinos máis elexidos polos turistas nacionais

Publicado o 30/05/2019 15:47

Vilanova triplica as súas reservas durante este verán e é que a localidade arousá xa está entre os destinos máis elexidos polos turistas nacionais.

Tan só Estambul supera a Vilanova neste particular ranking, segundo os datos que deu a coñecer un dos portais máis populares de alugueiros turísticos. Vilanova triplicará as reservas este verán o que quere dicir que a demanda aumenta aquí un 190%. O perfil dos que elixen Vilanova é o de un turista nacional de entre 36 e 59 anos que busca nesta localidade o lugar para disfrutar dun merecido descanso veraniego. Vilanova de Arousa prepárase pois para vivir un verán de récord.


 

Noticias web

30/05/2019