CRTVG

Buscar

Vilalba acolle os premios á excelencia leiteira, que distingue vinte explotacións galegas

Publicado o 06/11/2018 21:38

Vilalba. Vinte ganderías galegas foron distinguidas hoxe cos premios Exceleite.

Vilalba acolleu hoxe a entrega dos premios Exceleite, que distinguen a excelencia hixiénico sanitaria das gandeirías galegas de leite cru de vaca. Foron premiadas 20 das 5.000 Explotacións de Calidade Diferenciada rexistradas en Galicia, nun acto que estivo presidido polos conselleiros do Medio Rural e Medio Ambiente.

O conselleiro do Medio Rural subliñou que os gandeiros galegos ingresaron nos primeiros nove meses do ano 36 millóns de euros máis ca no 2017, superando os 639. Un avance que é froito, segundo dixo, da aposta pola calidade do sector lácteo, ao que considera o buque insignia do rural galego. O conselleiro anunciou que no vindeiro ano a Xunta dedicará 17 millóns de euros a campañas de sanidade animal.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

06/11/2018