CRTVG

Buscar

Vilagarcía está en nivel vermello con vinte e un casos en sete días

Publicado o 17/10/2020 21:16

No nivel vermello, o de alerta tres, inclúense os municipios de menos de 50.000 habitantes con 21 ou máis casos novos diagnosticados en sete días. No caso dos concellos de máis de 50.000 empadroados a taxa establécese en 112 casos. Vilagarcía, con 37.500 persoas e 21 casos de coronavirus por PCR está desde hoxe no estadío máximo de restriccións

A vila reclúese este sábado ao serán. Cen por cento de máscaras, bares baleiros, terrazas con pouca movemento e case sen xente nas rúas e nos parques.

Arestora en Galicia hai once concellos en alerta vermella. Vilagarcía, en Pontevedra, e A Laracha, na Coruña, son os dous últimos integrantes deste grupo.

Noticias web

17/10/2020

Máis sobre Vilagarcía de Arousa