CRTVG

Buscar

Vilagarcía de Arousa acolle a sexta edición das Olimpíadas da Terceira Idade

Publicado o 06/09/2018 21:41

A praia da Concha de Vilagarcía de Arousa acolleu esta tarde a sexta edición das Olimpíadas da Terceira Idade.Participaron uns 80 maiores usuarios e usuarias de cinco residencias e centros de día da bisbarra do Salnés. Por sexto ano consecutivo, o Centro de Día de Vilagarcía organiza esta xornada de demostracións de habelencias e de xogos para os avós pero tamén para o persoal coidador. Unha experiencia lúdica e de convivencia para todos eles.

Nesta tarde diferente, nin siquera a pesca se deu mal. Tampouco se resistiron as adiviñas, os retrousos e as cancións alén da primeira estrofa. E mesmo houbo quen presumiu de puntería. Son oitenta maiores de residencias e centros de día de Vilagarcía, Ribadumia e Cambados os participantes nestes xogos, destinados unicamente a que pasen un bo rato. Tamén os coidadores tiveron oportunidade de faceren rir aos avós e as avoas. A sexta edición destas Olimpíadas organizadas polo Centro de Día de Vilagarcía de Arousa remataron coma todas: con entrega de trofeos.

Noticias web

06/09/2018