CRTVG

Buscar

Ávila declara de nivel 1 un dos tres incendios que prenderon de madrugada

Publicado o 18/08/2019 22:01

Máis dun centenar de efectivos e trece medios aéreos traballan nun incendio que se declarou á primeira hora da pasada madrugada en El Raso, un barrio do municipio abulense de Candeleda, onde antes deste lume xurdiron outros dous que puideron ser controlados.
A Administración autonómica declarou en Ávila o Nivel 1 nunha escala de 0 a 3 de menor a maior grao de perigosidade. Tardarán máis de doce horas en controlar as lapas, debido á "dificultade de acceso" nunha zona cuxa cota se atopa a unha altitude de entre 1.400 e 1.700 metros.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

18/08/2019