CRTVG

Buscar

Vigo vive un día grande co logro histórico do Celta

Publicado o 21/04/2017 14:03

Orgullo e ledicia son as palabras que poden resumir o sentimento de milleiros de afeccionados celestes polo triunfo do Celta que escribiu unha nova páxina na súa historia co pase ás semifinais da Liga Europa

Así celebraban os afeccionados que se trasladaron a Genk o momento histórico do Celta. O gol de Pione Sisto desatou a euforia dos celtistas nas bancadas. Cun resultado de empate a un, o equipo vigués fai historia. Por primeira vez disputará unha semifinal da UEFA Europa League. 

Á súa chegada a Santiago os celtistas arrouparon o equipo e recibiron os xogadores como heroes e as  rúas compostelás tinguíronse de azul coas celebracións dos afeccionados. Dende Bélxica a ledicia viaxou a Vigo contaxiando a todos os celtistas.  

E así recibían os afeccionados do Celta a resolución do sorteo. O equipo vigués enfrontarase ao Manchester United e terá a oportunidade de agrandar aínda máis o seu logro en Genk. Os afeccionados teñen plena esperanza en que o Celta entre nas finais. 

Os celtistas miran o futuro con optimismo e veno cada vez máis azul. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

21/04/2017