CRTVG

Buscar

Vigo tira do turismo nesta ponte festiva e agárdase unha alta ocupación nos hoteis de toda a provincia

Publicado o 05/12/2019 14:51

Esta vai ser unha ponte festiva cunha importante ocupación hoteleira na provincia de Pontevedra. Os datos máis optimistas da provincia están en Vigo, onde xa colgan o cartel de completo.

O tirón do Nadal vigués non só está a beneficiar os hostaleiros desta cidade. O cheo de Vigo tradúcese en aumento de reservas noutros hoteis da comarca.

Nesta ponte festiva din os hostaleiros que os que máis nos visitan proceden de Portugal e das comunidades máis cercanas.

En xeral, os hostaleiros de Pontevedra din que decembro deixou de ser temporada baixa e incluso agardan unha suba cercana ao quince por cento na ocupación respecto ao pasado Nadal.
 

Noticias web

05/12/2019