CRTVG

Buscar

Vigo tínguese de cores nunha nova edición da carreira lúdico deportiva Holi Life

Publicado o 13/05/2018 15:21

Milleiros de persoas participaron hoxe en Vigo nun evento lúdico deportivo que tinguiu a cidade de cor e de bo humor. Falamos da Holi Life, unha carreira de cinco quilómetros na que pouco importan as marcas e que só ten como obxectivo a diversión e facer felices os participantes. Algúns acoden disfrazados e todos ben protexidos para facer fronte a unha nube de pos elaborados con fariña de trigo e colorantes naturais. A música acompañou os corredores dunha proba que fai cinco anos e que agocha un xeito de entender a vida.

Noticias web

13/05/2018