CRTVG

Buscar

Vigo baixa a incidencia con concellos como os do Valmiñor con moi poucos casos

Publicado o 21/02/2021 14:42

A máxima incidencia do coronavirus na área sanitaria de Vigo chegou nos últimos días de xaneiro e nos primeiros de febreiro. Para chegar á cifra deste domingo, a de 1.316 casos activos, de 58 menos ca o sábado, hai que ter en conta os números dunha área con tantos concellos.

Agás Cangas, o resto dos municipios do Morrazo seguen en cifras de incidencia que superan os 250 casos por cen mil habitantes. Son outros concellos como os do Valmiñor os que comezaron o descenso da incidencia hai xa doce días. As súas cifras fixeron mellorar os da área de Vigo no seu conxunto. Baiona ten 17 casos.

Nigrán, o primeiro concello en saír da alerta vermella nesta terceira vaga, ten hoxe 20 positivos.

A área sanitaria de Vigo comunicou 50 novos casos. O sábado foron 60. Hai 63 persoas hospitalizadas, unha menos que hai 24 horas. Na UCI hai un ingresado máis, 20 en total.

Noticias web

21/02/2021