CRTVG

Buscar

Vigo promove as súas luces de Nadal en Madrid

Publicado o 19/11/2019 16:32

Ademais de instalar soportes publicitarios en varias cidades do norte de España e de Portugal, a promoción das luces de Nadal de Vigo chega a Madrid. O rexedor vigués inaugurou este mediodía un percorrido fotográfico pola decoración das principais rúas da cidade que está instalado na estación sur de autobuses da capital española. A poucos días do acendido, que terá lugar o vindeiro sábado, Abel Caballero asegurou que este ano agardan recibir tres millóns de visitantes, dous máis có ano pasado.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

19/11/2019