CRTVG

Buscar

Vigo, Pontevedra e Santiago descenden ao nivel medio-baixo de restricións

Publicado o 04/09/2021 19:31
Vigo, Pontevedra e Santiago descenden ao nivel medio-baixo de restricións

O 60 por cento da poboación galega está desde este sábado no nivel máis baixo de restricións. E tres das sete cidades, Pontevedra, Vigo e Santiago, pasaron esta medianoite do nivel medio ao medio-baixo.

A Coruña, Ferrol, Lugo e Ourense permanecerán os vindeiros sete días no nivel medio. É dicir, ningunha das cidades está cun nivel alto de restricións.

En toda Galicia hai desde hoxe 41 municipios no nivel medio e 21 localidades no nivel alto.