CRTVG

Buscar

Vigo lidera a primeira xornada de folga na Atención Primaria

Publicado o 27/11/2019 15:46

Reclaman unha xerencia para Atención Primaria, orzamento propio e unha axenda de trinta pacientes por día, que se cubran todas as prazas e unha atención homoxénea nas distintas áreas.

Son demandas da negociación aberta co Sergas que, segundo din, non avanza. Jesús Sueiro, asemblea das Áreas Sanitarias de Galicia: "Precisamente por iso, porque leva un ano en marcha e seguimos saturados, sen tempo para ver os nosos doentes, seguimos sen ver esas supostas medidas que din que xa están implantadas, que non serven absolutamente para nada".

Desde a Xunta aseguran que cumpriron o 99 por cento dos compromisos adquiridos a curto prazo e inciden no incremento de recursos asistenciais. 

Antonio Fernández-Campa, xerente do Sergas: "147 profesionais máis en Atención Primaria entre estes dous exercicios. Incrementamos o número de persoas que se están formando para crear no futuro tamén máis especialistas no ámbito da Atención Primaria. Levamos a cabo un importante esforzo investidor en equipamentos".

En canto ao seguimento, os sindicatos falan dunha participación desigual, que vai do 80 por cento en Vigo ata o 40-60 por cento no resto das áreas sanitarias. A Xunta cifra o paro nun 13 por cento de media en toda Galicia.

Noticias web

27/11/2019