Vigo inaugura, tras un ano de parálise, a tempada de cruceiros no noroeste español
Rodeado de néboa así chegou a Vigo o primeiro buque cruceiro con pasaxeiros logo da crise do coronavirus. É un cruceiro de luxo que trae 20 pasaxeiros e 90 tripulantes procedente de Burdeos vai camiño de Cádiz e Eivissa para recalar finalmente en Italia.
Cada unha das persoas que viaxan nel pagou 10.000 euros pola pasaxe. Son tan só 110 os visitantes pero esta escala supón a volta á actividade deste tráfico tan clásico dos peiraos vigueses e que deixa un bo impacto económico na cidade
A deste sábado malia o cambiante das previsións pode ser a primeira de 26 escalas ata finais de ano.
Os barcos van polo de agora co trinta por cento do capacidade e con todas as medidas de seguridade vacinación e probas de antíxenos a bordo.
Malia o día bretemoso os pasaxeiros gozan da paisaxe e das vistas da ría de Vigo que esta parella danesa cualifica de fermosas e marabillosas
Polo reducido da pasaxe desta volta non organizaron viaxes conxuntas a Compostela, Porto ou A Guarda.