CRTVG

Buscar

Vigo goza só de tres horas e media menos de sol ao mes que a cidade das Palmas

Publicado o 27/07/2021 21:19

Segundo os datos da Axencia Estatal de Metereoloxía, as Rias Baixas en xeral, e en particular Vigo, é con diferenza a zona galega que goza de máis horas de sol. 

Que Vigo bate marcas en horas de sol na costa galega é un dato que non sorprende a ninguén. Porén a cousa cambia ao saber que nun mes a cidade só goza de tres horas e media menos de sol que As Palmas , incluso neste xullo en que moitos días só brillou pola súa ausencia.

No que vai de xullo Vigo acumulou case 211 horas de sol. Un astro que nesta cidade deixa moita luz durante o día pero tamén espectaculares atardeceres cando se despide ata a seguinte xornada.

 

Noticias web

27/07/2021