CRTVG

Buscar

Vigo estuda parcelar os areais para a apertura das praias

Publicado o 29/04/2020 14:55

Esta imaxe de Samil é do último verán, e non se repetirá este ano. As aglomeracións son, precisamente, o que hai que evitar na loita contra o coronavirus. A reapertura das praias e as piscinas chegará na fase 3. Polo momento, o Ministerio de Sanidade non especificou como, pero será de forma controlada. Vigo xa ten a súa proposta: cuadricular os areais para minimizar o contacto.

A idea contempla un número limitado de persoas en cada cadrado co obxectivo de garantir a seguridade e incentivar o turismo.. Tamén na fase 3 as discotecas e locais nocturnos reabrirán as súas portas cunha limitación da súa acollida a un terzo.

Tamén nesta fase, que non será antes do oito de xuño, poderán volver ser utilizadas as zonas comúns dos centros comerciais.

 

Noticias web

29/04/2020