CRTVG

Buscar

Vigo estrea oficinas anticovid cunha grande aceptación

Publicado o 18/11/2020 20:53

Trátase dun deseño pioneiro para a nova época en que vivimos. A pandemia colleunos en plena rehabilitación dun edificio en Vigo para convertelo en oficinas, e iso mudou o seu plan inicial.

A rehabilitación estaba nun avanzado estado de construción, pero lograron implementar materiais especiais.

Cristais extraclaros para potenciar a luz, espazos diáfanos e luces que se adaptan á claridade son algúns dos elementos que hai nestas oficinas anticovid.

O inmoble, de 1880, está situado na céntrica rúa do Príncipe, e o 80% das súas oficinas xa están alugadas.


 

 

Noticias web

18/11/2020