CRTVG

Buscar

Vigo é unha das cinco cidades españolas onde máis caro é encher o depósito do coche

Publicado o 17/06/2021 13:26

O prezo da gasolina chega aos 1,45 euros por litro e a do gasóleo a 1,31 na estación de servizo da praza de España de Vigo. Segundo algunha comparativa, son os quintos máis elevados de España, malia contar a cidade con gasolineiras de baixo custo.

Os prezos son os máis elevados desde 2014. Este ano nótase máis tras a baixada de prezos e consumo no pico máis duro da pandemia. O sector das gasolineiras considera que son os máis prexudicados por esta suba.

O prezo tamén inclúe impostos que nalgúns casos chegan ao 50 e ao 60 % do prezo. Hai usuarios que tentan diminuír ao máximo o uso dos vehículos, pero hai moitos outros que son altamente dependentes do coche.

Encher un depósito de 50 litros custa hoxe doce euros máis de media que hai un ano, dez euros se falamos de gasóleo.

Noticias web

17/06/2021