CRTVG

Buscar

Vigo e Santiago non conteñen os contaxios

Publicado o 20/10/2020 08:24

Preocupa a situación da área sanitaria de Vigo e mais a de Santiago, da que poderían saír medidas máis estritas da xuntanza de hoxe do comité clínico.

Na área sanitaria de Vigo hai xa unha semana que van aumentando os casos, pero a situación preocupa dende os últimos tres días. O total de casos activos na área ascende actualmente a 791.

O rastrexo dos contactos das persoas contaxiadas está a demostrar que estes novos casos derivan de xuntanzas durante a ponte do Pilar. Dentro da área sanitaria preocupan especialmente Cangas e O Porriño.

Noticias web

20/10/2020