CRTVG

Buscar

Vigo e Redondela entran en alerta vermella ao aumentar o número de contaxios

Publicado o 24/10/2020 21:26

Como Cangas, Salvaterra e Tui este sábado Redondela entrou en alerta vermella, a que indica segundo o SERGAS o risco máximo de contaxios. Redondela, con algo máis de 29.200 empadroados, tivo máis de 21 contaxios en sete días. Segue en pé desde o principio da pandemia a campaña municipal "Faino por todos" que apela á responsabilidade de cada veciño.

Nas inmediacións do Álvaro Cunqueiro na xa coñecida como zona COVID AUTO, continúan facendo probas PCR. A área de Vigo notificou de onte a hoxe 125 novos casos e 34 altas o que deixa o número de contaxios activos por coronavirus en 1097, a cifra máis alta desde abril. Segue habendo 51 enfermos por COVID en planta e 7 na unidade de coidados intensivos. Seis están no Álvaro Cunqueiro en un en Povisa.

Desde onte e ata o 30 de outubro permanecerá pechada a delegación de Vigo da sección sexta da Audiencia Provincial. Porque doce traballadores, incluída a muller que deu positivo en coronavirus no comezo da semana, están en corentena.

Noticias web

24/10/2020