CRTVG

Buscar

Vigo e O Porto recuperan o 17 de outubro as catro conexións ferroviarias diarias

Publicado o 05/10/2021 18:20
Vigo e O Porto recuperan o 17 de outubro as catro conexións ferroviarias diarias
EP

Vigo e O Porto recuperarán o próximo 17 de outubro as súas catro conexións ferroviarias diarias despois de que as frecuencias se reduciran debido á pandemia da covid-19 e os viaxeiros poderán acceder a prazas promocionais ata o 11 de decembro.   

Renfe e Comboios de Portugal acordaron repor os servizos coñecidos como trens Celta que conectan a cidade olívica e O Porto ata completar a totalidade dos que circulaban antes do inicio a pandemia, segundo detallou o operador ferroviario español.   

Así mesmo, ambas as compañías lanzarán prazas promocionais desde o 17 de outubro atao 11 de decembro cun prezo de 5,25 euros para traxectos entre Vigo e O Porto. Tamén poderán realizarse viaxes entre esta cidade lusa e Santiago con ligazón na urbe olívica por 10,30 euros.   

O 16 de agosto do ano pasado repúxose a conexión de Vigo-Guixar co Porto con saída ás 8.58 horas e chegada ao Porto ás 10.20 horas (horarios locais); así como o traxecto inverso con saída ás 8.13 horas e chegada a Vigo-Guixar ás 11.35 horas.   

Ademais, incorporarase o tren con saída de Vigo-Guixar ás 19.56 horas e chegada ao Porto ás 21.18 horas e a ruta inversa con partida ás 19.10 horas e chegada a Vigo-Guixar ás 22.34 horas.   

O tren Celta estivo afectado por dous cesamentos de servizo que tiveron lugar entre o 15 marzo e o 16 de agosto do ano 2020, e desde o 31 de xaneiro ata o 1 de maio deste ano.

Noticias web

05/10/2021