CRTVG

Buscar

Vigo é a terceira cidade de España onde máis subiron os aparcadoiros, segundo a OCU

Publicado o 24/06/2019 16:22

Vigo é a terceira cidade de España onde máis subiu o prezo dos aparcadoiros, segundo un recente estudo da Organización de Consumidores e Usuarios.

O informe avalía os prezos de 27 cidades de España. A suba foi xeneralizada en todas elas, pero no caso de Vigo experimentouse de xeito máis rotundo e só foi superada por Murcia e Alacante. En total, o prezo dos aparcadoiros na Cidade Olívica incrementouse nun 44 por cento nos últimos 12 anos. Un dato que triplica a suba do IPC.

Os aparcadoiros máis caros, en termos xerais, son o de Independencia e Policarpo Sanz. Neles, o minuto supera o euro con sesenta céntimos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

24/06/2019