CRTVG

Buscar

Vigo e A Coruña concentran máis da metade dos 920 casos de coronavirus en Galicia

Publicado o 22/05/2020 12:00

• A día de hoxe, a cifra de curados supera as 9.600 persoas

• Os dous últimos falecementos elevan a 610 a cifra de vítimas mortais

Galicia ten a día de hoxe 920 casos activos de coronavirus, 70 menos ca onte e con máis da metade nas áreas sanitarias de Vigo e A Coruña. En centros residenciais baixou en 20 o número de afectados, con 100 (-15) usuarios e 90 (-5) profesionais enfermos.

Tras os dous falecementos rexistrados nas últimas 24 horas (o último, o dunha muller de 65 anos que estaba ingresada no CHUS), o Sergas certificou ata hoxe 610 vítimas mortais.

Por áreas sanitarias, a distribución dos contaxios é a seguinte:

• Vigo: 265 (-8).

• A Coruña: 225 (-27).

• Ourense: 141 (-19).

• Santiago: 161 (=).

• Lugo: 60 (-3).

• Pontevedra: 40 (-10).

• Ferrol: 28 (-3).

Do total de pacientes positivos, 12 (-1) permanecen en UCI, 72 (=) están en unidades de hospitalización e 836 (-69) no domicilio.

A cifra de curados ascende a 9.607 persoas (+102).

O número de PCR realizadas ascende a 131.948, 1.524 nas últimas 24 horas