Vigo e Lugo son as cidades galegas con mellores cifras
Publicado o 12/02/2021 17:00
Vigo é a cidade galega que hoxe presenta mellores cifras. A súa incidencia está nos 314 casos por cada cen mil habitantes.
Son cifras aínda moi altas que obrigan a seguir apelando á prudencia e á responsabilidade. Hai agora mesmo 2.626 enfermos de covid na área sanitaria viguesa, 132 menos ca onte.
As autoridades sanitarias consideran que esta boa evolución débese a que as medidas se adoptaron rápido e permitiron cortar a escalada dos casos.
Nunha situación similar sitúase Lugo. Con tan só catro puntos de diferenza, a cidade das Murallas rexistra unha incidencia acumulada de 318 casos por cen mil habitantes.
As dúas urben son as mellor posicionadas para afrontar unha relaxación do confinamento, decisión que se tomará o vindeiro luns.