CRTVG

Buscar

Vigo arranca as celebracións do Nadal nas vilas galegas

Publicado o 02/12/2020 14:59

"Hoxe chegará o Nadal a este planeta, ás oito da tarde", así anunciaba o alcalde de Vigo o acendido do alumeado do Nadal.

O concello adiantou a esta noite o acto, en que acederán máis de dez millóns de luces. Pero non será coma outros anos: só asistirán os convidados, de asociacións culturais, veciñais e sociais, e respectaranse todas as medidas de seguridade fronte á covid, o máis importante para estas festas.

"Con ilusión pero con contención no comportamento", dixo Abel Caballero, e afirmou que o obxectivo é que "para cando cheguen as vacinas, esteamos todos aqui".

A mesma preocupación comparten no concello de Santiago, que atrasará ao venres o inicio do programa do Nadal.

Coincidirá co levantamento das restricións pola covid, así que o alcalde pedía hoxe prudencia. "Fago un chamado á responsabilidade" dixo Xosé Sánchez Bugallo.

A iluminación compostelá vai ser menos ambiciosa que a de Vigo, pero calculan que terán 21 quilómetros de rúas iluminadas durante as próximas cinco semanas.

Noticias web

02/12/2020