Vigo convive cos preparativos do Nadal máis ambicioso
Xa se poden contemplar os adiantados pasos de outono cara a un Nadal de grandes dimensións.
"Pero isto para que é? Para a iluminación?"
"É unha noria. Ou iso parece, non?"
Parece, a ollos de case calquera vigués, unha noria de máis de sesenta metros. Pregúntase un a onde vai chegar este Nadal.
"Ata onde escollera o señor Caballero."
"Está facendo cousas interesantes que poñen a cidade en órbita un pouco."
"62 metros... De aquí a pouco xa se vai poder tocar a lúa."
Devolvendo os pés á terra atopamos restricións de tráfico por causa destes traballos en pleno centro.
"Pero creo que o reordenamento que fixeron do tráfico non está nada mal."
"Non vivimos aquí, pero temos unha praza de garaxe aí, e non podemos pasar. É a primeira vez. Pero imaxino que o teremos que levar. Non queda outra!"
Prezos que pagar por un Nadal vigués máis ambicioso aínda este ano.
"A min é que me gusta moito todo o de Nadal. / A min éme un pouco indiferente."
As luces xa agardan a ser prendidas, postas contra un ceo que trae unha repentina sarabiada como anticipo da neve deste Nadal.
"Que vai ter unha máquina producindo neve, e imos ter neve."
E unha chea de actividades polas máis de 300 rúas iluminadas.
"Podían gastar os cartos en cousas máis importantes."
"Gastan moitos cartos, pero ao final equilíbrase no total."
"Isto trae xente e dá traballo."
Tamén a noria estará iluminada. Entre dez millóns de luces, aspira a ser a estrela.