CRTVG

Buscar

As rúas de Vigo convértense nun sambódromo

Publicado o 03/03/2019 12:27

A expectación xa era máxima a primeira hora da tarde. Todo tipo de criaturas fantásticas e súperheroes agardaban a pé de pista o comezo do desfile.

O centro de Vigo foi un sambódromo. Gnomos, personaxes de videoxogos, animais e seres imaxinados tomaron as rúas cos seus bailes. É o resultado de meses de traballo de colectivos vigueses e tamén chegados doutros municipios de Pontevedra.

Case unha trintena de comparsas tinguiron de cor este sábado de Entroido vigués.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

03/03/2019