CRTVG

Buscar

Vigo contará cunha biblioteca pública do Estado xestionada pola Xunta de Galicia

Publicado o 18/09/2019 21:43

A cidade de Vigo contará cunha Biblioteca Pública do Estado xestionada pola Xunta de Galicia. É o compromiso do Ministerio de Cultura. O director xeral de Políticas Culturais, Anxo Lorenzo, sae satisfeito da xuntanza que mantivo esta tarde no Ministerio de Cultura coa directora xeral do Libro. O proxecto depende da cesión dos terreos por parte do Concello.

Anxo Lorenzo, director xeral de Políticas Culturais: "Nós queriamos ter o compromiso do ministerio de que quería facer esta obra, unha biblioteca en Vigo. O compromiso existe. E nós queriamos tamén ter o compromiso de que esta non fose unha biblioteca máis, que fose unha biblioteca que cumpra as expectativas de necesidade que hai nunha cidade, a máis poboada de Galicia, como é Vigo".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

18/09/2019