CRTVG

Buscar

Vigo contará cun novo albergue de peregrinos o vindeiro xacobeo

Publicado o 25/06/2019 22:53

Aquí abrirá as súas portas o ano 2021 o novo albergue para peregrinos que fan o Camiño Portugués pola costa. Unha ruta que no que vai de ano rexistrou un aumento dun 80% do número de visitantes, sendo a terceira elixida polos peregrinos que se dirixen a Santiago. Este albergue amosa o compromiso do Goberno galego coa Cidade Olívica.

Será o primeiro albergue público que se abra en Vigo, xa os que hai son privados ou refuxios creados por asociacións veciñais par dar acubillo aos peregrinos. O albergue contará con seis andares, e terá unha capacidade máxima para 93 personas distribuídas en sete cuartos. Será unha instalación cen por cento accesible, con consigna para bicicletas, sala destinada á cociña, un comedor, unha lavandería e dúas salas de estar.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

25/06/2019