CRTVG

Buscar

Vigo contará a finais do mes de abril coa segunda terminal de transatlánticos

Publicado o 18/03/2019 17:44

Será o 25 de abril coa escala do buque de pasaxe Clio. O atraque deste cruceiro servirá como test para verificar a operatividade desas novas instalacións interiores e do correcto funcionamento do novo equipamento, coma os escáneres.

Dende a empresa concesionaria, Atlantic Vigo Cruise, xa están realizando esas obras de mellora no que será o punto de atención aos pasaxeiros. Un espazo de 400 metros cadrados situado nun dos laterais desta Estación Marítima de fácil acceso e que permitiría o embarque de 2.500 viaxeiros en apenas dúas horas. Unha posta a punto necesaria dado que dous días despois chegará o Zenith, onde unhas 700 persoas subirán a bordo e outras 600 desembarcarán en Vigo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

18/03/2019