Vigo conta con aulas para formar espectadores para concertos de música clásica
Publicado o 10/01/2020 20:55
Bojan é un estudante turco de Telecomunicación que está de Erasmus na Universidade de Vigo, aprende galego e quere ser un 'escoitante'.
Porque a gozar dun concerto de música clásica tamén se aprende.
A Orquestra Vigo 430 e a Universidade viguesa programan a terceira edición do ciclo 'Escoitantes', aulas activas para preparar ao público de cara aos vindeiros concertos desta formación.
Para poñer en práctica estas leccións, aí está a programación de concertos da orquestra viguesa, con obras de Bach, Beethoven e Berlioz, entre outros.