CRTVG

Buscar

Vigo celebra a Feira do Libro ata o 6 de xullo

Publicado o 28/06/2019 14:28

A maxia das librerías chega ás rúas de Vigo que xa arrecenden a verán. Ademais dos descontos e de poder ver e tocar os libros antes de adquirilos. Os lectores tamén agradecen o asesoramento personalizado dos libreiros, os verdadeiros axentes literarios.

O último barco, de Domingo Villar, ambientada nas rúas da contorna perfílase como o supervendas da feira. As plataformas de venda por Internet, e o libro dixital reduciron as vendas das librerías, pero non conseguen acabar coa cultura do papel.

Hai un libro para cada persoa, para aprender de onde vimos, para gozar, para lembrar vellos tempos ou para construír castelos. Todas as historias están abertas na Feira do Libro de Vigo.

Noticias web

28/06/2019