CRTVG

Buscar

Vigo aproba a suba dun 2,5% dos impostos do lixo, o IAE e o guindastre

Publicado o 05/09/2019 15:30

Durante a celebración do pleno da corporación municipal deuse luz verde á actualización dun total de dezanove impostos e taxas para o vindeiro ano. Mentres que o imposto de bens inmobles se incrementará nun un por cento, a maior suba afectará o recibo do lixo, o guindastre e a rodaxe dos coches, que aumentará nun dous e medio por cento.

Tamén sobe un dous e medio por cento o imposto de actividades económicas. Para os empresarios é un mala noticia. A suba aprobouse co rexeitamento da oposición. Mentres o Goberno local defende que Vigo é a cidade galega con menos presión fiscal. Os grupos da oposición consideran que a suba é abusiva.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

05/09/2019