CRTVG

Buscar

Vigo analiza a influencia do cambio climático na pesca e nos océanos

Publicado o 02/10/2017 17:27

Vigo convértese, desde hoxe, na capital mundial da pesca coa celebración do Congreso Internacional sobre Cambio Climático e Pesqueiras organizado por FAO e Conxemar. Este congreso é a antesala á feira do conxelado que comeza mañá e que nesta edición consegue nova marca coa participación de 43 países.

O obxectivo desta cita é determinar que medidas hai que adoptar para combater o cambio climático. Nas últimas décadas os efectos xa son notables. A temperatura no mar do norte xa aumentou un grao, ademais a escaseza de cefalópodos é unha realidade. Segundo os expertos, terá efectos importantes nos recursos e na economía. Durante a inauguración do cumio, a conselleira do Mar pediu sumar esforzos e lembrou as estratexias de Galicia na loita contra o cambio climático.

A cita reúne nove ministros de Pesca de todo o mundo, expertos da OCDE, Banco Mundial, Comisión Europea e a FAO xunto a científicos e executivos do sector privado. É a antesala da gran cita do conxelado que comeza este martes coa 19 edición da feira de Conxemar coa presenza de 43 países e máis de 600 expositores e que converte Vigo no escaparate mundial do sector ata o próximo xoves.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

02/10/2017