Vigo convértese na capital mundial do deporte urbano nunha nova edición do Marisquiño
• A organización calcula que poden superar os 150.000 espectadores
• As probas máis espectaculares celébranse nas Avenidas
Vigo está esta fin de semana chea de skaters e de "riders" por mor da décimonovena edición do Marisquiño: o festival de deporte e cultura urbana.A organización agarda acadar ou superar os cento sesenta mil espectadores de anteriores edicións
O circuíto de Dirt Jump cos seus pinchacarneiros imposibles foi unha das grandes atraccións desta mañá no Marisquiño, aínda que a competición puntuable quedou para a tarde. Tamén esta mañá puidemos ver a competición sub-13 de BMX con forte presenza catalá.
O Marisquiño que comezou onte e prolongaráse ata mañá ten un público estimado de 160.000 persoas entre vigueses e turistas. Todos poderán gozar das máis variadas disciplinas do deporte urbano.
Ademais dos deportes como en anteriores edicións haberá concertos de balde durante toda a fin de semana e abundantes opcións para comer e petiscar, ademais da tradicional hostalería da zona do Náutico e das Avenidas.