CRTVG

Buscar

Vigo, a cidade onde o Nadal vive 51 días completos

Publicado o 11/01/2020 21:30

Vigo, onde vive o Nadal 51 días completos prepárase para a fin de festa de mañá. A nora segue xirando, os dez millóns de bombillas led seguen dando luz á cidade e os turistas seguen fotografando arriba e abaixo. Algúns, movidos pola curiosidade que lles espertaron os medios de comunicación, aproveitaron esta derradeira fin de semana para velas.


Desde que se acenderon as luces o 23 de novembro, hai 50 días, agás os días de chuvia as rúas sempre mostraron este aspecto, o mesmo que os comercios e os locais hostaleiros. Porque non só de leds vive o home...

O apagamento solemne contará cos menos cerimoniosos músicos Tony Lomba e Elio dos Santos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/01/2020