CRTVG

Buscar

Videoxogos galegos, con Luz Castro

Publicado o 05/05/2021 17:19

Visitamos coa nosa colaboradora de videoxogos a exposición 'Videoxogos e ecoloxía' no Salón do libro de Pontevedra se tamén online na súa versión dixital onde coñecemos Avoo, un título desenvolvido en Galicia por Iseltec en colaboración coa Fundación Museo do Videoxogo de Galicia.

Outro proxecto galego en desenvolvemento é Intruder in Antiquonia, do estudio coruñés Aruma. E para rematar unha primicia: DeVuego, a maior base de datos do sector dos videoxogos en España, acaba de lanzar a súa versión galega.