Vídeos para falar cos cativos da prevención do virus no colexio
E pensando tamén na volta ao colexio en setembro está o persoal de enfermería de Ourense. Para concienciar os cativos da importancia das medidas de hixiene, a distancia e como van ter que cambiar o seu xeito de xogar e relacionarse un grupo de voluntarios están a realizar unha serie de vídeos educativos con algús consellos prácticos.
Un grupo de escolares escolares xunto a persoal de enfermería e técnicos de emerxencias sanitarias de Ourense están a ser oprotagonistas dunha serie de vídeos en que explican por exemplo,como hai que colocar e quitar correctamente a máscara, como lavar as mans e mesmo están a inventar novos xogos sen contacto.
Desde este grupo de educación sanitaria de Ourense pensan que o mellor xeito de concienciar os nenos e nenas de cara a volta ao cole é facelos partícipes da súa saúde.
Eles son os protagonistas e xa estan creando novos xeitos de relacionarse e tamén de xogar.
Así, persoal de enfermería e técnicos de emerxencias sanitarias traballan directamente cos pequenos na prevención e tamén como axudalos a se adpataren a este situación, nova para todos.