CRTVG

Buscar

Avanzan os traballos nos hospitais de campaña da Coruña e Santiago

Publicado o 02/04/2020 14:14

Os traballos para o acondicionamento dos espazos de eventos Expocoruña e Multiusos do Sar como hospitais de reforzo avanzan coa previsión de que estean dispoñible a semana que vén.

Profesionais dos distintos sectores que complementan a construción traballan no interior de Expocoruña e no Multiusos do Sar. Son dous grandes espazos dedicados a eventos na Coruña e en Santiago que, previsiblemente, a semana que vén poderían facer de hospitais para pacientes leves de coronavirus. Isto sempre e cando -reiteran no Sergas- non os dean acollido nos centros de hospitalización existentes na provincia. Proxectan montar un reforzo total de ata 450 camas.

"Pola nosa parte, desde o Multiusos foi crear un gran espazo central na pista, diáfano, de 2.600 metros cadrados, trar retirar os complementos que había aí; pista, bancadas retráctiles... Estamos colaborando co Sergas, mostrando todo o funcionamento da instalación para que eles poidan adaptar esas instalacións", di Antón Antelo, xerente do Multiusos do Sar, que incide en que a Administración autonómica traballa coa previsión de ter montadas 150 camas a semana que vén neste espazo.

No Multiusos do Sar e no Expocoruña proseguen coa actividade para executar os dous proxectos de hospital de reforzo que ideou o Servizo Galego de Saúde  para telos listos por se fan falla.

Noticias web

02/04/2020