CRTVG

Buscar

A asociación maioritaria de xuíces pide a restitución de Pérez de los Cobos

Publicado o 27/05/2020 08:19

A organización maioritaria de xuíces, a Asociación Profesional da Maxistratura (APM), pide a restitución inmediata do xefe da comandancia da Garda Civil de Madrid ata que finalice a instrución en curso.

Din agardar que non conflúan máis circunstancias que o cesamento de confianza, pois iso suporía, aseguran, deixar en mans dos intereses partidistas do político de quenda o Dereito Penal.

A asociación de fiscais vai máis alá e afirma que esta decisión senta un inquietante precedente. 

As organizacións de gardas civís tamén expresaron o seu malestar polo cesamento de Pérez de Los Cobos en termos diversos.

A asociación PRO di que a dimisión posterior de Laurentino Ceña é un aviso a navegantes. Para Jucil Nacional, demostra a profesionalidade do Instituto Armado, que se antepón a, din, decisións arbitrarias. Por último, a AEGC considera que as explicacións ofrecidas son insuficientes e que deixan dúbidas de se houbo ou non unha inxerencia política no Instituto Armado.

E fronte á comandacia da Garda Civil de Tres Cantos houbo unha concentración cidadá na que se corearon varios vivas a quen era o seu xefe ata o domingo. Ante o cuartel da Benemérita máis grande da provincia de Madrid tamén se reclamou a dimisión do ministro de Interior.

Noticias web

27/05/2020