CRTVG

Buscar

Os plans de recuperación dos países europeos comezarán a aprobarse a vindeira semana

Publicado o 08/06/2021 21:42

Os plans de España, ou os de Portugal, Francia ou Dinamarca soan aquí en Bruxelas como os primeiros en ser aprobados polo executivo comunitario.

Fontes europeas recoñecen á TVG que o plan de recuperación español é de boa calidade. Que a súa elaboración foi avanzando correctamente na Comisión. Pero evitan confirmar ese último paso, se estará entre os autorizados.

Ursula von der Leyen adiantaba este luns que a vindeira semana aprobarán os primeiros plans nacionais. Facíao en Estrasburgo, a onde volveu o Pleno do Parlamento Europeo logo dun ano e catro meses sen pisar a súa sede principal.

E a presidenta da Comisión tamén confirmaba alí que nunhas semanas miles de millóns de euros distribuiranse aos estados membros.

Noticias web

08/06/2021