CRTVG

Buscar

Victoria Beckham presenta os seus deseños na Semana da Moda de Londres

Publicado o 17/02/2019 19:24

Un dos desfiles máis esperados da Semana da Moda londiniense foi o da presentación da colección de outono-inverno de 2019 de Victoria Beckham. A deseñadora británica foi capaz de sorprender, despois do glamour que deixaron os desfiles de Nova York.

En Londres utilizou deseños en clave workie, en que predominan as cores area e terra, vestidos vaporosos midi con estampados sofisticados en cores neutras. Outra das características que chamou a atención son os cortes británicos clásicos, moi poñibles e inspiradores. Un desfile moi feminino e cargado de estilo.

Noticias web

17/02/2019