CRTVG

Buscar

Víctor Senra, a un paso de volver ser campión galego

Publicado o 18/09/2019 19:29

O dominio de Víctor Senra no Campionato Galego é tan esmagador que lle abonda cun cuarto posto no rally Ribeira Sacra para facerse de novo co título tras un ano redondo
"A verdade é que nunca tivemos ningún abandono, as probas e o coche á perfección, o equipo... todo perfecto. Foi un ano para lembrar pero aínda falta unha carreira e hai que conseguir o cuarto posto, iso minimo, e ser campión", destaca o piloto

Xa que logo, Senra non vai arriscar en Ourense. "Creo que vai chover así que seguramente escorreguen ao chover, así que un rally para aguantar, non cometer erros e chegar ao fin do rally", recoñece o líder do campionato galego

Se o prognóstico non falla, será o seu terceiro título consecutivo. Porén, o piloto de Dumbría non ten previsto dar o salto ao Campionato de España. "Tempo, diñeiro, é moi complicado. Algunha carreira si que facemos, como Ferrol este ano que estivemos pelexando aí cos de cabeza e para o ano tentaremos facer un par delas, seguramente", apunta Senra

O seu obxectivo é seguir a exhibir a súa condución e facer historia nas estradas de Galicia

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

18/09/2019