CRTVG

Buscar

Víctor Senra e David Vázquez analizan a temporada

Publicado o 26/12/2020 14:36

Falar de rallys galegos é falar de Víctor Senra e David Vázquez, claros dominadores do motor no noso país. Vázquez combina o campionato galego co estatal, en que acompaña a Iván Ares na pelexa polas primeiras prazas.

"Deportivamente foi unha temporada moi boa. No campionato galego repetimos título. Para min é o quinto consecutivo. No de España conseguimos menos do que esperabamos. Ao final Iván e eu rematamos terceiros. Pero para compensar fxemos dúas saidas ao campionato de Europa e dous podium. Nun deles chegamos a pelexar pola vitoria ata o final, pero quedamos a catro segundos.", explicou David Vázquez.

"A valoración xeral é positiva en todos os aspectos. Fixemos tres carreiras e gañamos dúas. Oxalá fosen todas así", engadiu Senra.

Senra fíxose co cuarto título consecutivo na Mariña tras unha temporada atípica á que a covid-19 marcou os tempos. A proclamación é recente pero o piloto non desbota facelo de novo en 2021.

"Imos intentalo. Vai ser un ano esperemos que con máis carreiras. Pelexaremos por conseguir o quinto titulo", dixo o campión galego.

No calendario do galego do ano próximo haberá en principio nove probas que Senra vai correr probablemente cun novo coche. A competición arranca en febreiro na Coruña.

 

Noticias web

26/12/2020