CRTVG

Buscar

Víctor Senra busca un novo desafío coa Copa de España

Publicado o 07/04/2021 15:48

Non hai quen lle tusa en Galicia. Así que Víctor Senra busca novos e máis duros desafíos. Non deixa o campionato galego, pero canda el emprende a aventura da Copa de España. De saída, cunha ambición sen límites.

O campión galego desafía aos favoritos en Serra Morena, un rally que considera moi axeitado ás súas condicións.

Do resultado destas primeiras carreiras dependerá se, amais de intentar revalidar título no galego, fai o calendario da Copa de España este ano.


 

Noticias web

07/04/2021