CRTVG

Buscar

Víctor González, de Atrys Health: "O dispositivo de diagnóstico permite determinar a carga viral da mostra"

Publicado o 23/06/2020 10:13

Hoxe falamos con Víctor González, director de I+D de Atrys Health, empresa que, xunto coa Universidade de Granada e mais a Complutense, están a desenvolver un dispositivo portátil de diagnóstico para a covid-19.

"É un sensor de grafeno e a vantaxe que ofrece é que permite dar unha resposta nun tempo inferior a 15 minutos", apunta Víctor González.

É un dispositivo portátil, polo que podería levarse ata un aeroporto, por exemplo. "Ten un sistema similar ao dun glicómetro. Métese o chip de grafeno coa mostra, introdúcese e dinos se hai presenza do virus e canto virus hai. Permite determinar a carga viral da mostra", engade González.

 

 

Noticias web

23/06/2020