CRTVG

Buscar

Víctor Fernández volta a Riazor, de onde o cesaron no ano 2015

Publicado o 07/12/2019 13:27

Enfronte estará un Víctor Fernández que bota a vista atrás. Cun Deportivo nunha situación máis dramática incluso que hai cinco temporadas. En 2015 dicía "saio tamén moi triste porque hai un ambiente de autodestrucción como nunca vin nun club, que non sei a onde nos vai levar". Agora asegura que "funtécnico do Deportivo e sinto dor e tristura pola situación que está a atravesar. Están moi agobiados e moi presionados. Hai moita presión e moita esixencia pola súa afección".

Sacou o Zaragoza do pozo e tentará que o Deportivo non saia del. "É un equipo ferido, moi magoado e golpeado polos malos resultados", asegura o adestrador.

Volve a Riazor a primeira aposta de Tino Fernández, e farao cinco anos e dez técnicos despois.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/12/2019