CRTVG

Buscar

Víctor Arufe: "O esforzo é un dos valores que estamos perdendo"

Publicado o 20/08/2018 11:06

Víctor Arufe, profesor da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña, acudiu ao plató do Bos Días para falar da educación dos nenos e nenos na actualidade.

"O máis complexo é o entendemento cos fillos e acadar unha confianza con eles. A familia é a protagonista fundamental na educación dos nenos. A educación dos nenos comeza cando nacen. Non hai un manual para sermos un bo pai ou unha boa nai. Hai unhas directrices e o sentido común".

"Hai varios escenarios na vida do neno: están os habituais, que é a casa; os temporais, que pode ser unha viaxe ou un parque de atraccións; e os ocasionais, que pode ser a época do Nadal".

"Todo é educar nun uso responsable. Atopámonos con moitos nenos que non están durmindo as horas suficientes. Recoméndase, para nenos de entre 6 a 13 anos, entre 9 e 11 horas de sono. Os profesores en Primaria observan nenos que quedan durmidos en clase".

"Os nenos aprenden moito por imitación. Debemos ser críticos e facer aos nenos partícipes dos debates críticos".

"O esforzo é un dos valores que creo que perdemos. Pasamos de xeracións que facían moito esforzo entre irmáns para apoiaren os pais e hoxe, a parellas que teñen un fillo e danlle todo".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

20/08/2018