CRTVG

Buscar

Telexornal Serán

Vicente Gómez, reforzo para o centro do campo do Deportivo

Publicado o 17/08/2018 21:31
O Deportivo xoga en menos de media hora. Visita o campo do Albacete no seu primeiro compromiso na categoría de prata. Entrementres, o equipo refórzase coa chegada dun novo xogador: Vicente Gómez...

... centrocampista ata agora das Palmas. Vicente Gómez substituirá a Guilherme na medular. O club canario anunciou hoxe a saída do futbolista. O xogador asinará por tres campañas cos coruñeses. Está pendente de pasar o recoñecemento médico.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Telexornal Serán

17/08/2018