Viaxes gratis para as familias numerosas nas autoestradas da Xunta
Publicado o 02/06/2021 14:58

A Xunta acaba de aprobar o novo plan para as familias numerosas cun orzamento de máis de 62 millóns de euros ata o 2023.
Ás rebaixas e beneficios fiscais que había ata agora súmanselle dúas novidades: terán a viaxes de volta gratis nas autoestradas que dependen da Xunta e poderán dispor dun certificado de familia numerosa dixital no móbil para acceder de xeito máis cómodo ás bonificacións que hai para elas.