CRTVG

Buscar

Telexornal Serán

Viaxe oficial de Mariano Rajoy á Arxentina

Publicado o 09/04/2018 21:27
O presidente do Goberno, Mariano Rajoy, viaxa nestes intres cara á Arxentina para apoiar o xiro político impulsado por Mauricio Macri no país e consolidar as boas relacións bilaterais. Unha visita moi agardada no país suramericano da que agardan xurdan novos investimentos españois en territorio austral.



Despois de máis dunha década, un presidente do Goberno español chega á Arxentina en viaxe oficial para consolidar a relación bilateral, cunha clara axenda económia e varias citas empresarias.
Arxentina e España viven unha especie de lúa de mel, tras anos de distanciamento coa anterior executiva kirchnerista, polo que esta visita lese no país suramericano como un claro respaldo de España á xestión de Mauricio Macri, un convite a investidores e a reafirmación de que ambos se senten socios estratéxicos en Europa e Latinoamérica, respectivamente.



Mariano Rajoy estará acompañado en Bos Aires por 60 empresarios co obxetivo de aumentar o volume de negocio entre ambos países e tentar devolver a España ao número 1 como investidor no país austral, na actualidade por detrás dos Estados Unidos.

As empresas españolas controlan áreas clave na Arxentina como as telecomunicacións ou a enerxía, entre outros, e co impulso de novas licitacións non queren quedar fora.
Precisamente, no 2017 o comercio bilateral medrou máis dun 20 %.

O presidente do Goberno encontrarase tamén coa comunidade española e galega residente no país suramericano, a máis numerosa da diáspora.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Telexornal Serán

09/04/2018